Archivo

¿Contáctamos?

Nombre

Correo electrónico

Mensaje

Created by Templates Zoo

Renacuajos infantil

Cancións e xogos infantís (0 a 6 anos)


O Servizo de Atención Temperá da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes elaborou un documento no que recolecta diferentes cancións e xogos pertencentes ó noso folclore, algunhas están en galego e outras en castelán.

No prólogo do libro “Cancións e xogos infantís” pódese leer:

Auténticas riquezas, as que non se devalúan: os sons, as cadencias, os ritmos, as formas propias familiares, das comunidades e da cultura, de aloumiñar, arrolar, rifar, argallar, contar, cantar e xogar. As que lles ofrecemos como primeira herdanza a aqueles que veñen a continuar o noso labor de labrar futuro.
Compre dar a benvida a esta recollida de folclore e formas de xogar para a infancia, realizada na comarca de Ordes por profesionais que teñen ó seu cargo o coidado do desenvolvemento das crianzas e o apoio das familias que o precisan. Profesionais que na súa experiencia foron acreditando o valor das formas de actividade conxunta que, cantando e xogando, realizan os máis maiores cos máis noviños. Profesionais que empregan a súa formación e o seu tempo en recollelas, divulgalas e así facelas accesibles a cantos desexeou necesiten achegarseás culturas da infancia.
A rede de seguridade e confianza onde explorar, imaxinar e tecer as formas de relación no grupo de iguais.
Practicando os acordos e as normas, as pandas, os roles, gañar e perder, escoller e ser escollido. Todas as calidadese matices das mañas de socialización que os xogos grupais aportan á infancia.
Tales son as xoias do tesouro que amosan estas páxinas: as vivencias infantís que perduran nos maiores, transmitidas dunha xeración a outra, que se revitalizan e actualizan na relación con cada crianza, acompañando, acompasando e favorecendo o seu desenvolvemento.

Para acceder ó documento, picade na imaxe ou aquí.


Fonte:
Cancións e xogos infantís (0 a 6 anos).

8 comentarios

  1. Moitísisisisisisisisimas gracias de corazón Isabel! Xusto hoxe á tarde teño un cumple de nenos e nenas de 3 anos e estaba buscando xogos para realizar con eles/as.

    Vaime ser súper útil. :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alédame que vos sexa útil. Grazas por deixar a túa pegada por aquí. Unha aperta

      Eliminar
  2. muchas gracias por la oferta, guapa, lástima que el galego no sea nuestra lengua, pero seguro que les va a venir bien a mucha gente. un besito.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Una pena el tema del idioma, pero seguro que resulta útil a alguien. Gracias por dejar tu huella por aquí. Un abrazo grande.

      Eliminar
  3. Hola: é unha publicación moi completa e instructiva. É moi interesante que os peques de hoxe en día coñezan os xogos e a cultura popular dos seus ancestros... un libro moi divertido. Seguimos en contacto

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alédame que vos sexa útil. Grazas por deixar a túa pegada por aquí. Unha aperta.

      Eliminar
  4. Intentaremos traducir con tradukka.
    Gracias y un besico.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Espero que pases un buen rato con esas piezas. Mil gracias por dejar tu huella por aquí. Un abrazo.

      Eliminar

¡No os olvidéis de dejar vuestra huella por aquí!