Archivo

¿Contáctamos?

Nombre

Correo electrónico

Mensaje

Created by Templates Zoo

Renacuajos infantil

Conto-cantado: "Eu tiña un ratiño"

Hoxe traigovos un conto-cantado co que de seguro pasaredes un bo rato e que atopei na bitácora xogosdelingua: "Eu tiña un ratiño" de Manuel R. Crespo, profesor de Música do CEIP O Sello de Cabral (Vigo). Esta peza é unha versión da canción infantil italiana «Alla Fiera Dell'est», de Angelo Branduardi. Póñovos as dúas versións por se as queredes empregar na aula.


Letra de "Eu tiña un ratiño"

Eu tiña un ratiño pequeniño
que na feira meu pai me comprou.
E veu o gato
que se comeu o rato
que na feira meu pai me comprou.

Eu tiña un ratiño pequeniño
que na feira meu pai me comprou
E veu o can
que lle mordeu ao gato
que se comeu o rato
que na feira meu pai me comprou.

Eu tiña un ratiño pequeniño
que na feira meu pai me comprou
E veu o pau
que lle pegou ao can
que lle mordeu ao gato
que se comeu o rato
que na feira meu pai me comprou.

Eu tiña un ratiño pequeniño
que na feira meu pai me comprou
E veu o lume
que queimou o pau
que lle pegou ao can
que lle mordeu ó gato
que se comeu o rato
que na feira meu pai me comprou.

Eu tiña un ratiño pequeniño
que na feira meu pai me comprou
E veu a auga
que apagou o lume
que queimou o pau
que lle pegou ao can
que lle mordeu ao gato
que se comeu o rato
que na feira meu pai me comprou.

Eu tiña un ratiño pequeniño
que na feira meu pai me comprou
E veu a vaca
que se bebeu a auga
que apagou o lume
que queimou o pau
que lle pegou ao can
que lle mordeu ao gato
que se comeu o rato
que na feira meu pai me comprou. E veu o home
que *ordeñou a vaca
e fixo queixo manteiga e iogur.
Eu tiña un ratiño pequeniño
que na feira meu pai me comprou.

Fuente: http://xogosdelingua.blogspot.com.es/2013/05/eu-tina-un-ratino.html
 




Que vós parece? Animádesvos a cantala na clase?


Fonte:

Xogosdelingua: http://xogosdelingua.blogspot.com.es

6 comentarios

  1. Tendremos que animarnos ISabel aunque he de Decirte que de la italiana me va a resultar mucho mas facil por eso de que lo hablo pero vamos que....si tenemos que ponernos con la version gallega...pues tambien aunque seguro que ahi lo haces tu mucho mejor que yo jajaja. Gracias por compartirlo ;-)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. jJajajajajaja! ¡Qué bueno! Anímate con el gallego seguro que los pasaréis muy bien cantándola. :) :) Gracias por pasar y comentar. Un beso

      Eliminar
  2. Encántame. Probarei cos meus. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrame que che sexa útil, espero que a disfrutedes. Unha aperta.

      Eliminar
  3. Paréceme unha actividade fantástica e gústame moito a canción, tentarei cantala cos meus alumn@s. ¡Graciñas por compartila Isabel! Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas, alégrame que che guste e que a leves a aula. Unha aperta.

      Eliminar

¡No os olvidéis de dejar vuestra huella por aquí!