Archivo

¿Contáctamos?

Nombre

Correo electrónico

Mensaje

Created by Templates Zoo

Renacuajos infantil

Charla presentación da Revista Galega do Ensino

Tiña esta entrada en pendentes e xa era hora de que saíra. O pasado martes 19 de novembro tiven a posibilidade de asistir a charla presentación do nº 56, "Educación do cero-3", da Revista Galega do Ensino.


Primeira parte. Relatorio: "os agrupamentos heteroxéneos en educación infantil 0 a 3 anos" charla con Concha López, directora da escola infantil da Fonsagrada.

Partimos de que a escola infantil da Fonsagrada é unha "Galiña azul" que está sita nun entorno rural, en palabras da directora é unha "escola unitaria".

O intercambio interxeracional está en todas as etapas da vida das persoas e, por suposto, na escola é unha boa oportunidade de aprendizaxe.

Nestas primeiras idades, Concha, recoñece o valor dos grupos heteroxéneos (non hai segregación por idades). Entendendo valor como un cumio de oportunidades de aprendizaxe, xa que hai máis mestres que as propias educadoras infantís porque están xuntos nenos de diferentes niveis de madurez que interaccionan uns cos outros, enriquecendo o día a día da escola.

Segunda parte. A Revista Galega do Ensino

Definíronse na presentación como "unha revista galega, pública e democrática" e cada número imprégnase dese espírito.

Non me estenderei sobre a historia da revista porque na páxina de Nova Escola Galega a  atoparedes con todo detalle.

http://www.nova-escola-galega.org/

"Dirixida ao profesorado e, en xeral, aos educadores/as e técnicos/as da educación en Galicia; plural e construída desde as posicións de reforma democrática da educación, ao servizo dunha sociedade solidaria, libre e cultural e lingüisticamente normalizada, posicións todas elas preconizadas polo conxunto de Movementos de Renovación Pedagóxica, e singularmente por Nova Escola Galega". 

Na hemeroteca teredes acceso aos números da RGE ata o 42 (incluído). A partir deste número aparecen só os sumarios pero en breves poderase acceder a todos sendo subscritor.

No monográfico "Educación cero-3", como di no seu avance ofrece unha visión panorámica da situación do primeiro ciclo de educación infantil (0 a 3 anos) en Galicia e atoparedes unha reflexión sobre esta etapa dende diferentes vertentes (experiencias de aula, o papel da formación dos Técnicos Superiores en Educación Infantil,...). Para ver o avance picade aquí.
O seguinte número daa revista "Aprendemos con Rosalía" está dedicado a figura de Rosalia nas aulas nos diferentes niveis educativos. Para ver o avance Picade aquí 

http://www.nova-escola-galega.org/almacen/documentos/RGE%2057%20contidos_abstracts.pdf

E, para acabar, non podemos esquecer a última parte da presentación na que gustamos da actuación de "cantar e contar" de Antón Castro, músico e mestre. Un espectáculo no que amosa que a nosa contorna nos proporciona moitos "instrumentos musicais" e o noso folclore ten pezas musicais que podemos levar as nosas aulas, inclusive ás do primeiro ciclo de infantil.

Botádelle unha ollada a calquera número da revista porque é unha ferramenta que nos axudara no noso día a día na escola.

4 comentarios

  1. gracias por la información. un besote.

    ResponderEliminar
  2. Grazas por compartila, Isabel. Está fenomenal. Un bico.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas a ti Ana por pasar e comentar. Un bico

      Eliminar

¡No os olvidéis de dejar vuestra huella por aquí!