Archivo

¿Contáctamos?

Nombre

Correo electrónico

Mensaje

Created by Templates Zoo

Renacuajos infantil

O raposo busca ovella!

Un día apareceu na clase un cartel que dicía "Raposo busca ovella" e acompañábao a foto dunha ovella (sacada da rede da páxina de anygator). Na imaxe non se ve moi ben pero sirve para ter unha idea.



Deixar o cartel pegado nun sitio accesible para os nenos, durante as primeiras horas (chegada, almorzo, xogo libre da mañá) para motivar a que falen entre eles, observen e pregunten. Durante a asemblea aproveitar para comentar o cartel (que hai debuxado nel, que cores ven, como son as ovellas, o son que fan, o que comen,...).

Contarlles o conto. A poesía é de Nilda Zamataro e está sacada Revista Mestra Infantil de 0 a 3 anos, nº 11, só que a traducín ó galego e engadinlle algunhas partes para contalo. Na revista atoparedes as ilustracións que acompañan ó poema.

"O raposo anda a buscar unha ovella..."


Cando viña para a escola atopei cun raposo e púxenme a falar con el. O raposo andaba na procura dunha ovella que se chama Xoana e é a súa amiga. Deume unhas fotos (as que veñen na revista e a do cartel) e proporcionoume información por si a atopábamos.

A ovella Xoana
salta, salta.
A ovella Xoana
salta e se perde
na herba verde.

Búscoa, búscoa
a ovella Xoana
a busco na herba
pero ¡tachán!
aparece nas pólas.
¡tachán!
Detrás das pedras.
Agacha a cabeciña
e nun minutiño
a moi lambociña
devora un caminiño.

Salta, salta
cruzando charquiños,
caese dentro,
e molla o rabiño.

A ovella Xoana,
ten soniño
deitase na herba,
pecha os olliños.

Despértase moi contenta,
e volta a saltar.
Alguén a viu?
Por onde se foi?

O raposo leva moito tempo buscando,
mais non a da atopado.
pode estar en calquera lado.
Imos todos a buscar,
a ver si anda ao noso lado."


Outras actividades:

  • Xogar as agachadas cunha ovella de peluche. Escondémola e os nenos búscana. Importante incidir na verbalización (está enriba de..., está ó carón de...).
  • Xogar as agachadas coas ilustracións que acompañan o poema na Revista. Pegalas debaixo dunha cadeira e/ou dunha mesa, poñelas entre as páxinas dalgún conto,... Contaremos ata tres e eles irán na súa procura.
  • Recordamos o conto: Quen aparecia? Que facía? Cal é a actividade favorita de Xoana?

Animádevos a comentar!

2 comentarios

  1. Me parece una divertida actividad a la que se le puede sacar mucho partido con un poco de imaginación.... Gracias!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias por pasaros y comentar. Un saludo

      Eliminar

¡No os olvidéis de dejar vuestra huella por aquí!