Archivo

¿Contáctamos?

Nombre

Correo electrónico

Mensaje

Created by Templates Zoo

Renacuajos infantil

O proceso de adaptación. E ti vas a escola?

"O proceso de adaptación. E ti... vas a escola?" é unha guía elaborada pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no que se recolle información e orientacións para o período de adaptación tanto do primeiro como do segundo ciclo de educación infantil.

A guía ten como obxectivo que o traspaso familia-escola "sexa vivido como unha conquista, non unha aceptación mais ou menos resignada". Todos os que traballamos nestas etapas, sabemos que é un momento importante que hai que mimar, ó que hai que otorgarlle tempos e espazos tanto dentro como fora da escola.

Esta guía é para reflexionar, para axudar a todos os elementos que compoñen a comunidade educativa (familias, educadores, mestres, directores e persoal non docente da escola) a mimar (planificar, organizar,...) esta conquista.

Se picades na imaxe, accederedes ao documento.


Espero que vos sexa útil!

No hay comentarios

Publicar un comentario

¡No os olvidéis de dejar vuestra huella por aquí!