Archivo

¿Contáctamos?

Nombre

Correo electrónico

Mensaje

Created by Templates Zoo

Renacuajos infantil

Día das Letras Galegas

O vindeiro día 17 de maio 2013 conmemórase o Día das Letras Galegas este ano adicado a Roberto Vidal Bolaño.




Eu atopei uns recitados para poñer en marcha na escola infantil (0-3 anos), suxírovos algunhas adaptacións e/ou actividades que podedes facer con eles. O certo é que pódense empregar non só para ese día senón ó longo de todo o curso.

Recitado 1 Orixinal, sacado do libro Touporroutou da lúa e o sol

O SOL: Din que ao primeiro, eu choraba ouro.
A LÚA: E eu prata.
O SOL: E que foi con ese ouro e con esa prata co que se fixeron todos os tesouros.
A LÚA: Pero un día de tanto que choramos, esgotóusenos unha cousa e máis a outra.
O SOL: E non tivemos máis remedio que rematar chorando o que todos.
OS DOUS: AUGA!
___

Eu fixen a miña propia versión para contar na escola ós nenos e nenas de 0-3 anos:

"Contoume un raposo moi fermoso que ao primeiro o sol choraba ouro e a lúa prata, foi con ese ouro e con esa prata co que se fixeron todos os tesouros. Pero un día de tanto que choraron esgotóuselles unha cousa e mais a outra. E non tiveron máis remedio que chorar o que todos... Sabedes o que? (lánzase unhas pingas de auga a cabeza)"

Recitado 2. Orixinal sacado do libro Touporroutou da lúa e o sol

O SOL: Touporroutou, onde vas nena?
A LÚA: Touporroutou, a onde me peta.
O SOL: Touporroutou, e que vas buscar?
A LÚA: Touporroutou, unha tega de sal.
O SOL: Touporroutou, e para que é o sal?
A LÚA: Touporroutou, para botar no caldo.
O SOL: Touporroutou, e para que é o caldo?
A LÚA: Touporroutou, para lle dar aos cregos.
O SOL: Touporroutou, para que son os cregos
A LÚA: Touporroutou, para dicir a misa.
O SOL: Touporroutou, e para que é a misa?
A LÚA: Touporroutou, para gañar o ceo.
O SOL: Touporroutou, e para que é o ceo?
A LÚA: (Prendada dos seus engados) Touporroutou, para estar nós nel!
__

A idea deste primeiro é repetilo e representalo cunha lúa e/ou un sol feitos en feltro ou con algunha clase de monicreques.

Podemos presentar algunha actividade do tipo que cada vez que se di "touporroutou" damos unha palmada.

Recitado 3. Orixinal sacado do libro: Xáxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, O Rapaz e o Cachamón...

TODOS: Veña e escoite, Señor!
PANIOGAS: Como sona a gaita!
(O rapaz escomeza a tocar a gaita.)
TARELO: Como o pandeiro!
(O Paniogas escomeza a tocar o pandeiro.)
PEITUDA: E como o tamboril!
CACHAMÓN: E coma istes mociños bailan as súas danzas e non as de fóra de aquí!
____

Motivaremos aos nenos e ás nenas a que fagan como que tocan a gaita, o pandeiro e o tamboril e logo se poñan a bailar.

Podemos poñerlle previamente algún vídeo no que se vexa como tocan a gaita, o tamboril e o pandeiro e como son algunhas das danzas de aquí.

Recitado 4. Orixinal Sacado do libro Laudamuco, señor de ningures

O meu corpo é un xardín,
como nunca outro vin.
Son o rei!!
No peito nácenme flores
das mais fermosas cores.
Son o rei!!
Na gorxa naceume un pandeiro
que toco con moito salero.
Son o rei!!
Nos pés teño un pirinvel,
e ao andar a todos ledo con el.
Son o rei!!
Os beizos teño queimados,
do bicar dos namorados.
Son o rei!!
___

Identificar as partes do corpo que aparecen no poema e sinalalas mentres se recita.

Que os nenos e nenas digan "son o rei", podemos xogar a dicilo con diferentes tons: como o diría un raposo, unha fada, berrando, con xestos,...

Os recitados orixinais están sacados de este enlace Seminario galán e correspóndense con fragmentos orixinais das obras do autor. Espero que vos sexa útil e vos dé ideas para poñer en marcha na aula.


Referencias Web (enlaces empregados para a elaboración da entrada):

Código Cero (WEB)
http://codigocero.com/A-Escola-Superior-de-Arte
Seminario Galán(WEB)
http://seminariogalan.org/inicio/ver/207

3 comentarios

  1. Isabel, encántanme as túas propostas. Son todas chulísimas. E a túa versión da primeira coas pingas de auga rechíflame. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Hola!!! gracias a tu blog, conozco este día!!! cariñosssssssss

    ResponderEliminar

¡No os olvidéis de dejar vuestra huella por aquí!