Archivo

¿Contáctamos?

Nombre

Correo electrónico

Mensaje

Created by Templates Zoo

Renacuajos infantil

Blog recomendado: InnovArte infantil

Fai unhas semanas tivo lugar a entrega dos premios Francisco Giner de los Ríos á mellora da calidade educativa e unhas das gañadoras son Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira, responsábeis do blogue InnovArte Educación Infantil


Como ben recollen na súa presentación: InnovArte "non é un almacén de recursos ou experiencias é un discurso sobre a atención a infancia, un alegato sobre a educación de calidade real" "es un faro gallego que alumbra el pensamiento educativo"
Cada experiencia, cada artigo e cada recomendación parte da reflexión do seu día a día envolvéndoa nunha atmosfera coidada que amosa o seu cariño, a súa dedicación polo eido educativo e póla infancia respetada e de calidade

Sei que é un blogue destinado na súa meirande parte ó segundo ciclo pero penso que podedes sacar moitas ideas, reflexións para aplicar no primeiro ciclo de educación infantil (0 a 3 anos) e hai algunhas entradas que están dirixidas a esta etapa.

Déixovos os enlaces para que vós acheguedes ao seu recuncho:


Só me queda darlles a noraboa polo premio que supón un recoñecemento a súa labor e animalas a que nos sigan achegando un cachiño do seu día a día, das súas observacións e das súas reflexións. Sinxelamente son destas prácticas que merecen a pena mergullarse nelas e que son un exemplo de que outra forma de traballar en educación infantil é posible.

Remato dándolles as grazas por compartir e engado que é agradable atoparse con experiencias que unha vez que te somerxes nelas dis, sen dudalo: "é un traballo ben feito".

2 comentarios

  1. Isabel, mis felicitaciones por tu blog y bienvenida a esta ya gran familia de "Un proyecto entre todos"
    Un saludo de Gracia

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias por la bienvenida, por pasarte por aquí y dejar tu comentario. Un saludo :)

      Eliminar

¡No os olvidéis de dejar vuestra huella por aquí!