Archivo

¿Contáctamos?

Nombre

Correo electrónico

Mensaje

Created by Templates Zoo

Renacuajos infantil

E por que?

O outro día indagando pola rede atopei un material que pode ser interesante ter de man para traballar na aula, na web do proxecto recóllese que é un material apto para nenos/as de 1 a 8 anos.

Polo ano 2008 a Consellería de Sanidade en colaboración coa de Educación e O.U puxo en marcha un proxecto de prevención de accidentes infantís no fogar no que a través de 50 capítulos de curta duración, realizados pola produtora Continental, advertía de todos estes potenciais perigos.

"Os temas tratados pola serie atenden a unha educación para a saúde infantil, presentando os perigos da vida doméstica que tan mal final tiveron en numerosas ocasións; polo tanto non só estamos mellorando en materia educativa ó instrumentalizar este proxecto, senón tamén en materia sanitaria."(Fonte:http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1303196843/contido/e_por_que/eporque2.html)

Os que traballamos con nenos/as pequenos/as sabemos que a súa curiosidade soe levalos a situacións de risco e polo tanto cómpre extremar as precaucións. Tampouco hai que esquecer que existe un elevado índice de accidentes no fogar polo que dende a escola debemos de axudar na súa prevención. Con tal fin desenvolveuse o proxecto “E por que?”.

Para ver a páxina web do proxecto ticade na imaxe, nela atoparedes información e recursos para traballar na aula.




A continuación póñovos o título de cada capítulo, se picades nel poderedes velo en Youtube:

Os pegamentosAs máquinas de barbearOs alfinetesO solOs petardosO isqueiroA chemineaO radiadorAs cremas cosméticasO chan molladoAs esquinas de moblesO microondasA auga quenteOs electrodomésticos no bañoO fornoAs mesas de vidroO marteloA serraAs pilas e bateríasOs dardosAs bebidas alcohólicasAs pílulasAs bolsas de plásticoOs coitelosOnde sentarOs enchufesAs portasO xeoO pasamánsAs cociñasO batedorOs medicamentosAs tesoirasO cristal Os caixónsFerramentas de traballoCociñar Os animaisOs electrodomésticosAs cordasRecollerA electricidadeOs líquidosAs ferramentasAs ventásOs mistos Obxectos punzantesOs xoguetes no chanAs coitelasAs alturas Os botóns Os petardos

2 comentarios

  1. son superchulos, me voy a quedar con la referencia para ponérselo a los míos. Me encantan. Gracias guapísima por encontrar estos chollos. besitos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias Blanca, me alegra que te encanten. Seguro que pasan un buen rato con ellos. Besos

      Eliminar

¡No os olvidéis de dejar vuestra huella por aquí!